Este Dicionario Xerais Galego-castelán/Castellano-gallego constitúe un vocabulario de correspondencias entre 25.000 entradas do léxico estándar de ambas as dúas linguas. En cada unha das entradas sinálase, ademais, a súa categorización gramatical, a fraseoloxía de uso máis habitual, así como, cando fose necesario, a precisión da súa tradución. A presente edición deste dicionario, sensiblemente ampliada con respecto a súa primeira edición, está completamente actualizada á normativa ortográfica aprobada pola Real Academia Galega de 2003, completándose con senllos apéndices gramaticais que recollen a conxugación verbal galega e castelá. A nova presentación flexible facilita o seu uso aos estudantes de educación secundaria, sendo tamén imprescindible para todas aquelas persoas que traballan de xeito cotiá en lingua galega.
Bitte wählen Sie Ihr Anliegen aus.
Rechnungen
Retourenschein anfordern
Bestellstatus
Storno