Este libro non é un ensaio histórico, nin unha guía convencional. Trátase dunha obra ilustrada (editada en tres idiomas e volumes diferentes: castelán, galego e inglés) que nos levará a descubrir unha fortaleza que se eleva maxestosa e silente, dominando o val do río Verdugo, na provincia de Pontevedra, e que pasou de ser centro de poder na Galicia medieval a caer no esquecemento, e rexurdir de novo a finais do século XIX. Unha narración enriquecida con multitude de anécdotas e informacións descoñecidas ata hoxe, e que inclúe máis dun cento de fotografías (históricas e actuais), ilustracións e planos que somerxirán á lectora na historia dun dos castelos máis sobresaíntes de Galicia. Do mesmo autor que "María Vinyals, la mujer del porvenir" (Alvarellos Editora, 2019).
Bitte wählen Sie Ihr Anliegen aus.
Rechnungen
Retourenschein anfordern
Bestellstatus
Storno