Unha muller que vive como testemuña protexida nun piso en Vigo; un narcotraficante da Arousa que domina a través da extorsión e a agresividade; un garda civil da fronteira portuguesa que se ve inmerso nun suceso; unha muller que obrigada a gravar varias películas de contido para adultos... Os protagonistas de Un conto siciliano e outras historias, de Estro Montaña, son personaxes que viven facendo uso do exercicio despótico do poder ou sometidos a el. O poder e a violencia, dispostos para a dominación das persoas, centran estes catorce relatos cheos de intriga, de paixón e de vinganza que nos sitúan fronte a unha escrita áxil e de intensa vocación literaria.
Dieser Download kann aus rechtlichen Gründen nur mit Rechnungsadresse in A, B, BG, CY, CZ, D, DK, EW, E, FIN, F, GR, H, IRL, I, LT, L, M, NL, PL, P, R, S, SLO, SK ausgeliefert werden.