Coa publicación desta segunda entrega dÆ O segundo sexo culmínase felizmente o proxecto de ofrecer en galego unha obra clave para entender o universo das mulleres e as coordenadas do feminismo, ao tempo que as nosas letras se enriquecen cun texto fundamental para a humanidade que xerou, despois de sesenta anos da súa aparición, unha rede de pensadoras e activistas que transcende xeracións, clases e países. Neste volume, 'A experiencia vivida', Simone de Beauvoir analiza a situación de opresión que viven as mulleres na sociedade. Na primeira parte, 'Formación', estuda a infancia, a adolescencia, a mocidade e a iniciación sexual; incorporando o lesbianismo. Continúa na segunda, 'Situación', analizando varios aspectos da figura adulta femenina, como a muller casada, a nai, a vida social, a prostitución, a madurez e a vellez. Prosegue na terceira, 'Xustificacións', abordando diferentes actitudes das mulleres, retratando á 'narcisista', á 'namorada' e á 'mística'. Finaliza, na derradeira parte da obra, 'Cara á liberación', propoñendo no seu único capítulo, 'A muller independente', as dúas vías que teñen as mulleres para saír da súa situación de opresión, sen obviar as dificultades que atoparán nesa loita: a independencia económica como presuposto de calquera otra emancipación legal, social ou xurídica e a loita das mulleres como colectivo consciente da súa opresión.
Bitte wählen Sie Ihr Anliegen aus.
Rechnungen
Retourenschein anfordern
Bestellstatus
Storno







