14,99 €
inkl. MwSt.
Versandkostenfrei*
Versandfertig in über 4 Wochen
payback
7 °P sammeln
  • Broschiertes Buch

Todos os poemas de Esther Piñeiro reflicten feitos vividos e amosan a soidade e tristura que sentiu, os seus amores, desamores, a seres moi queridos que foi perdendo ao longo do camiño... A súa familia, o seu piar máis importante, experimentou en tres ocasións as asperezas da emigración: primeiro seu pai, que emigrou a Francia, cando ela aínda non sabía falar ben e dicía que el estaba en "Fancha"; logo seu marido, ao ano de casar, quedando ela soa cun meniño; e recentemente, un dos seus fillos tivo que ir traballar fóra. Estas vivencias familiares tamén están plasmadas en Anacos dunha vida.

Produktbeschreibung

Autorenporträt
Profesora de Corte e Confección, a costura é a súa verdadeira vocación e segue nese mundo ao levar, dende hai vinte anos, unha tenda de roupa. Con quince anos, comezou a escribir poemas, pois era unha maneira de fuxir da vida cotiá e de converter os seus pensamentos en verbas, que lle axudaron a alixeirar as dificultades que, naqueles intres, se cruzaron no seu camiño...