O que pode ser e non é garda a esencia mesma do poema. Todo o que está prohibido agocha, en si mesmo, a orixe primeira que ilumina o sendeiro que hai que percorrer, cuxo trazado delictivo queda fóra das normas castradoras da tribo. En 'Baixo terra. No ar' un personaxe en estado de ansiedade loita contra a realidade por atopar a porta de fuxida. Só no instinto fica a propia condición. Nese proceso procura o 'eu' máis auténtico no 'ti' en que se reflicte. Unha historia de amor sen desenlace posíbel.
Bitte wählen Sie Ihr Anliegen aus.
Rechnungen
Retourenschein anfordern
Bestellstatus
Storno







