En cada ecosistema miles de animais loitan pola súa vida segundo a dura lei da selección natural: "comer e non ser comido"... Estamos ante un libro moi instructivo, ameno, ben estruturado e de gran atractivo visual. Comeza situando o lector ante os diversos grupos do reino animal, con exemplos de cada un. Por terra, mar e aire, de norte a sul, por todos os continentes, selecciona unha serie de animais e ofrece de cada un deles un volume de información ben dosificada sobre as súas características, localización e costumes, centrándose na forma de obter o alimento. Trátase dunha obra recomendada non só para o eido escolar, senón para todos os lectores interesados no medio ambiente. Dende a superlingua do oso formigueiro, ata os dentes coma coitelos da piraña, pasando pola anatomía imposible do ornitorrinco ou o aspecto primitivo da lamprea, este libro abriranos as portas ao fascinante mundo dos animais. A serie Animais Extraordinarios contén tamén ?Nacer? e ?Construtores?.
Bitte wählen Sie Ihr Anliegen aus.
Rechnungen
Retourenschein anfordern
Bestellstatus
Storno







