Un orixinal libro-xogo para pensar e compartir sobre os afectos, a convivenciaáe a solidariedade.Somos animais sociais. Desde que chegamos ao mundo necesitamos ao nosoálado persoas que nos coiden, que nos apoien e que nos queiran, persoas quenos axuden a crecer e a compartir, persoas coas que poder construír un mundoámellor. Este álbum convídanos a reflexionar sobre estes aspectos dun modo poéticoáe sinxelo, ao alcance dos máis pequenos; tamén a repensar o concepto deácomunidade e a valorar as relacións humanas e a convivencia.A obra, ideal para compartir a calquera idade, preséntase como un xogo deápreguntas e respostas que permite responder libremente a cada lector ou lectoraáou darlle a volta ao libro e, coma se se tratase da solución dunha adiviña, leráa resposta oculta que a autora nos propón. As ilustracións a dobre páxinaáson divertidas colaxes cheas de humor e de cor que achegan novaáinformación que nos axudará a reflexionar e a responder ás cuestións queaquí se formulan. Atrévete a pensar por ti mesmo, non hai respostas incorrectas!
Bitte wählen Sie Ihr Anliegen aus.
Rechnungen
Retourenschein anfordern
Bestellstatus
Storno