23,99 €
inkl. MwSt.
Versandkostenfrei*
Versandfertig in über 4 Wochen
payback
12 °P sammeln
  • Broschiertes Buch

Domingo e outras historias, de Irène Némirovsky achéganos relatos escritos entre 1932 e 1942, anos previos á Segunda Guerra Mundial e os seus inicios. Némirovsky narra historias sinxelas e de xeito moi parco, pero con personaxes cun desenvolvido perfil psicolóxico. Relatos que nos falan de homes e mulleres ata deixalos espidos ante os ollos do lector, algún dun xeito sutil, outros fondamente, pero sempre coa intención de amosarnos algo que debemos aprender. Relatos cheos de maxia e misterio, desas vidas pasadas da infancia e a mocidade, do inexplicable e o realismo irreal, de Finlandia, da…mehr

Produktbeschreibung
Domingo e outras historias, de Irène Némirovsky achéganos relatos escritos entre 1932 e 1942, anos previos á Segunda Guerra Mundial e os seus inicios. Némirovsky narra historias sinxelas e de xeito moi parco, pero con personaxes cun desenvolvido perfil psicolóxico. Relatos que nos falan de homes e mulleres ata deixalos espidos ante os ollos do lector, algún dun xeito sutil, outros fondamente, pero sempre coa intención de amosarnos algo que debemos aprender. Relatos cheos de maxia e misterio, desas vidas pasadas da infancia e a mocidade, do inexplicable e o realismo irreal, de Finlandia, da revolución bolxevique. Relatos de mulleres, de nais e fillas, de amigas, de inimigas, de sometidas e daquelas que cren ter poder, do amor, da perda e a soidade. Relatos de homes, pensamentos dun mundo burgués a piques de ser esnaquizado, diñeiro, poder, egoísmo. Ordenados segundo a ocupación nazi se vai facendo realidade, nunha progresión arrepiante sobre a nosa conciencia nun dos momentos máis escuros da historia recente da humanidade son, en fin, relatos para que aprendamos do pasado e non cometamos os mesmos erros.
Autorenporträt
Irène Némirovsky (1903-1942), destacada novelista francesa de orixe ucraína, naceu en Kiev nunha familia xudía acomodada, e tras a Revolución Rusa de 1917, exiliouse en Francia, onde desenvolveu a súa carreira literaria. Foi asasinada pelos nazis no campo de concentración de Auschwitz aos 39 años. A súa primeira novela, David Golder (1929), catapultouna á fama, revelando o seu talento para retratar os conflitos internos dos seus personaxes.