28,99 €
inkl. MwSt.
Versandkostenfrei*
Versandfertig in über 4 Wochen
payback
14 °P sammeln
  • Broschiertes Buch

Neste ensaio analízase a repercusión da perpetuación dos valores morais da Igrexa católica na discriminación das mulleres durante o proceso de construción do sistema liberal no Estado español e en Galiza (1812-1936), así como na reducida dimensión das protestas promovidas polo descontento fronte a estes agravios. Deste xeito, se ben xa na Constitución de 1812 enunciábanse como principios esenciais do dereito a liberdade e a igualdade dos individuos (e son estes o principal leitmotiv da conflitividade social de carácter reivindicativo durante o século XIX), as mulleres ficarían excluídas destas…mehr

Produktbeschreibung
Neste ensaio analízase a repercusión da perpetuación dos valores morais da Igrexa católica na discriminación das mulleres durante o proceso de construción do sistema liberal no Estado español e en Galiza (1812-1936), así como na reducida dimensión das protestas promovidas polo descontento fronte a estes agravios. Deste xeito, se ben xa na Constitución de 1812 enunciábanse como principios esenciais do dereito a liberdade e a igualdade dos individuos (e son estes o principal leitmotiv da conflitividade social de carácter reivindicativo durante o século XIX), as mulleres ficarían excluídas destas premisas até 1931. Nesta discriminación xogarían un papel esencial tanto a reprodución da conversión dos pecados en leis a través do Estado liberal confesional como o monopolio da Igrexa católica na fixación das directrices morais que debían de imperar nas institucións educativas e nos espazos de socialización e ocio, ocupando un lugar principal a protección dos valores tradicionais ligados á familia e á sexualidade. Os principios vinculados á moralidade nestes dous últimos ámbitos serían un puntal clave no contrapeso aos primeiros ecos feministas da Idade Contemporánea en Galiza. Uns ecos que se fixeron ouvir a contracorrente e que son pezas fundamentais no camiño cara a erradicación da discriminación de xénero.
Autorenporträt
É autora de diversas contribucións aos estudos feministas ou de xénero, como é o caso da investigación e coordinación da obra 22 documentos do feminismo galego; da guionización e documentación da exposición itinerante Feminismo galego, cambios sociais e dereitos das mulleres (ambas editadas pola Fundación Galiza Sempre) ou da publicación A participación política das mulleres galegas no primeiro terzo do século XX. O galeguismo.