Na historiografía das últimas décadas sobre a Historia das universidades, un apartado moi frecuente é o referido ás estatísticas da poboación escolar e á mobilidade territorial e social, á "peregrinatio academica", xustificándose así a súa elección como tema central e condutor do XIII Coloquio en Composotela de Cátedra UNESCO sobre Migracións. As seis ponencias presentadas, reunidas no presente volume, reconstrúen a traxectoria de diferentes universidades hispánicas, certamente de moi diversa relevancia académica e proxección exterior, ubicadas na súa maior parte en territorio peninsular: Coimbra (F. Taveira da Fonseca), universidades da Corona de Aragón (R. Ramis Barceló), Salamanca (Luis E. Rodríguez-San Pedro Bezares) e Santiago de Compostela (P. Saavedra Fernández), ás que se suma a Universidade de México (A. Pavón Romero). A diferencia dos capítulos anteriores, o final aborda xa outra problemática máis actual e internacional, a derivada da globalización e da mobilidade estudiantil a través do Programa Erasmus (D. Malet Calvo). Así como, os diferentes traballos presentan unha panorámica universitaria na longa duración, cuxos límites cronolóxicos van desde o século XIII, no caso do estudo das universidades da Corona de Aragón (R. Ramis Barceló), ata a actualidade no derradeiro capítulo, sobre ?el caso del Programa Erasmus? (D. Malet Calvo).
Bitte wählen Sie Ihr Anliegen aus.
Rechnungen
Retourenschein anfordern
Bestellstatus
Storno