Nicht lieferbar
Lúas do Orzán
Schade – dieser Artikel ist leider ausverkauft. Sobald wir wissen, ob und wann der Artikel wieder verfügbar ist, informieren wir Sie an dieser Stelle.
  • Broschiertes Buch

Na obra dramática de Xesús Pisón pódense identificar dúas etapas. A primeira, iniciada en 1980, está composta por obras burlescas que se inscriben na tradición de escárnio e maldizer galega. A partir de 1994, a súa escrita vira radicalmente cara a un estilo máis áspero e combativo, reflectindo a súa visión do poder como algo que emana tanto do exterior como da natureza humana, fixando o horror como característica da nosa especie. Na escolma presente, seleccionada polo propio autor, inclúense: "CARTA A MARÍA CASARES", un prólogo que denuncia o maltrato ao teatro en Galiza; "Como Jekyll e Hyde",…mehr

Produktbeschreibung
Na obra dramática de Xesús Pisón pódense identificar dúas etapas. A primeira, iniciada en 1980, está composta por obras burlescas que se inscriben na tradición de escárnio e maldizer galega. A partir de 1994, a súa escrita vira radicalmente cara a un estilo máis áspero e combativo, reflectindo a súa visión do poder como algo que emana tanto do exterior como da natureza humana, fixando o horror como característica da nosa especie. Na escolma presente, seleccionada polo propio autor, inclúense: "CARTA A MARÍA CASARES", un prólogo que denuncia o maltrato ao teatro en Galiza; "Como Jekyll e Hyde", "A Vía Láctea" e "Tatuaxes", que abordan os aspectos destrutivos do amor; "Materna", que trata os conflitos entre nais e fillos; "animal VACÍO", un cántico desesperado nacido entre ruínas; "Ollos", sobre a alienación no ?primeiro mundo?; e "Danza da mentira", onde emerxe a barbarie. Dende os seus comezos literarios, Pisón abandona os medios tradicionais do teatro, sentindo que obstaculizan a súa expresión. Algúns críticos incluso consideran que moitos dos seus textos transcenden aos xéneros literarios tradicionais. Asumindo esta fractura, o autor busca provocar un cuestionamento do teatro convencional e promover a renovación dramatúrxica e escénica en Galiza.
Autorenporträt
Xesús Pisón, natural do Valadouro, Lugo, iníciase no mundo da creación aos dezaseis anos, traballando como actor no grupo xuvenil Os Cans Ceibes, adscrito a Teatro Circo, da Coruña. Despois de ter dedicado uns anos á pintura e á poesía, con incursións na narrativa, escolle a escrita teatral como forma principal de expresión, sendo autor, nos seus inicios, de comedias críticas como O pauto, Inmortal, A esencia do amor ou Ei, Feldmühle, fantasía do Valadouro con vampiros. Posteriormente deriva para o drama con Peza de Frankenstein, O cuarto de Ofelia e Como Jekyll e Hyde, obras ...