Laiovento orgúllase de publicar Loaira, obra cimeira da literatura galega do S. XX, en que Anxo A. Rei Ballesteros traballou durante dez anos até a dar á luz en 1992. Queremos contribuír así para que texto tan sinalado encontre novos lectores e reciba o recoñecemento que merece. È unha novela radicalmente política e unha apaixonante historia de amor (como enerxía comunicante que transborda as fronteiras entre todos os seres), tamén do amor á Galiza, no seu tratamento da forma en que vivimos –ou non damos vivido– a vibración do ser comunitario. Escrita nunha prosa espléndida, o Anxo sabe…mehr
Laiovento orgúllase de publicar Loaira, obra cimeira da literatura galega do S. XX, en que Anxo A. Rei Ballesteros traballou durante dez anos até a dar á luz en 1992. Queremos contribuír así para que texto tan sinalado encontre novos lectores e reciba o recoñecemento que merece. È unha novela radicalmente política e unha apaixonante historia de amor (como enerxía comunicante que transborda as fronteiras entre todos os seres), tamén do amor á Galiza, no seu tratamento da forma en que vivimos –ou non damos vivido– a vibración do ser comunitario. Escrita nunha prosa espléndida, o Anxo sabe preservar a emoción, unir harmonicamente a comedia e a traxedia e difundir humor ás carradas. Esta Loaira, gobernada polo máis inabalábel respecto ao texto orixinal, corrixe as numerosísimas grallas que tanto desluciron a primeira edición e suxire –en coherencia co espírito antiautoritario (contra o Autor coactivo) do Ballesteros– unha orde de lectura dos capítulos alternativa, a cal torna un texto tradicionalmente considerado difícil nunha novela fascinante, a mellor recreación artística do mundo estudantil de Santiago de Compostela nos inesquecíbeis anos do tardofranquismo e memoria viva das súas pulsións máis imperecedoiras, nomeadamente, a emancipadora esixencia de mudar a vida.
Boqueixón, 1952-A Coruña, 2008) é un dos autores maiores da literatura galega contemporánea. Alén de Loaira (1992, premio Losada Diéguez), publicou Dos anxos e dos mortos (1977), Non sei cando nos veremos (2005) e o volume de relatos A sombra dos teus soños (1998). Cultivou o teatro con éxito en Xogos de damas (1988) e brillou como pensador en Tempo e vinganza (1989, premio Ramón Piñeiro) e Urda e mundo (2007, Premio Ánxel Fole, en colaboración con C. Fernández).
Es gelten unsere Allgemeinen Geschäftsbedingungen: www.buecher.de/agb
Impressum
www.buecher.de ist ein Internetauftritt der buecher.de internetstores GmbH
Geschäftsführung: Monica Sawhney | Roland Kölbl | Günter Hilger
Sitz der Gesellschaft: Batheyer Straße 115 - 117, 58099 Hagen
Postanschrift: Bürgermeister-Wegele-Str. 12, 86167 Augsburg
Amtsgericht Hagen HRB 13257
Steuernummer: 321/5800/1497
USt-IdNr: DE450055826