21,99 €
inkl. MwSt.
Versandkostenfrei*
Versandfertig in über 4 Wochen
payback
11 °P sammeln
  • Broschiertes Buch

Entre o desastre e a esperanza, os seres completos -parte humana e parte árbore- e as súas aliadas tentan cambiar o rumbo dun destino que, tras a Gran Desconexión, parecía de novo encamiñado á escravitude e á explotación. Desta volta, os seres humanos que procuran liberarse das cadeas que estableceron as Familias non están sós. Nunha travesía que as leva a explorar o pasado e a reescribir o presente, árbores e persoas tentarán espallar unha semente de cambio nun mundo que busca rexenerarse. Tras os acontecementos de "Cobiza", "Multitudes" retoma os seres completos nunha continuidade de…mehr

Andere Kunden interessierten sich auch für
Produktbeschreibung
Entre o desastre e a esperanza, os seres completos -parte humana e parte árbore- e as súas aliadas tentan cambiar o rumbo dun destino que, tras a Gran Desconexión, parecía de novo encamiñado á escravitude e á explotación. Desta volta, os seres humanos que procuran liberarse das cadeas que estableceron as Familias non están sós. Nunha travesía que as leva a explorar o pasado e a reescribir o presente, árbores e persoas tentarán espallar unha semente de cambio nun mundo que busca rexenerarse. Tras os acontecementos de "Cobiza", "Multitudes" retoma os seres completos nunha continuidade de acontecementos. Mentres Seh-Dong e as rebeldes loitan contra as Familias, Dandara, Tassi e o resto navegan o Mar de Plásticos na travesía contraria á que trouxo os seres completos á antiga Capital do Oeste. Na necesidade urxente de confluír, atoparán respostas, tamén sobre o que aconteceu no pasado. Cunha multiplicidade de voces e percorridos, "Multitudes" é unha chamada á rebeldía vexetal da especie humana.