28,99 €
inkl. MwSt.
Versandkostenfrei*
Versandfertig in über 4 Wochen
payback
14 °P sammeln
  • Broschiertes Buch

'Nenas transgresoras na LIX' é o novo monográfico da Rede Temática de Investigación 'Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano'. Pensado para as persoas con responsabilidade directa na mediación lectora (persoal docente de diferentes etapas educativas, persoal de bibliotecas, de librarías...), pero tamén accesible para o público xeral con responsabilidade indirecta ou interesado na temática (caso das familias), esta obra achégase ás personaxes nenas que na Literatura Infantil e Xuvenil dos diferentes ámbitos do marco ibérico e iberoamericano romperon ou rompen…mehr

Andere Kunden interessierten sich auch für
Produktbeschreibung
'Nenas transgresoras na LIX' é o novo monográfico da Rede Temática de Investigación 'Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano'. Pensado para as persoas con responsabilidade directa na mediación lectora (persoal docente de diferentes etapas educativas, persoal de bibliotecas, de librarías...), pero tamén accesible para o público xeral con responsabilidade indirecta ou interesado na temática (caso das familias), esta obra achégase ás personaxes nenas que na Literatura Infantil e Xuvenil dos diferentes ámbitos do marco ibérico e iberoamericano romperon ou rompen con estereotipos de xénero. Ábrese cun estudo sobre o tratamento dos estereotipos da nenez nos contos para, a seguir, acoller aqueles traballos centrados nas literaturas infantís e xuvenís dos diferentes ámbitos (castelán, catalán, galego, portugués, vasco, brasileiro e mexicano) e como estas representan as nenas que transgriden a norma. Como é habitual nas publicacións desta rede interdisciplinar de investigadoras e investigadores, en 'Nenas transgresoras na LIX' tamén se pode atopar un conxunto de obras axeitadas para educar literariamente e que abordan a temática, así como comentarios sobre algunhas das máis significativas.