?Hoxe narrareivos a última historia. Unha historia que sucedeu de verdade! ?dixo moi serio?. Despois calarei para sempre. [?]?Os que me feriron volverán a por ti. Son inimigos poderosos e hai tempo que queren quedar coas terras dos Calatrava. Se non puideres defender o castelo, arrinca unha pedra dunha das ameas, colle o noso fillo e fuxe. Faino pronto, suplícocho, antes de que vos maten aos dous. Só posuirá en paz este castelo quen o teña enteiro. Algún día ti ou o noso fillo poderedes completalo con esa pedra.
Bitte wählen Sie Ihr Anliegen aus.
Rechnungen
Retourenschein anfordern
Bestellstatus
Storno