23,99 €
inkl. MwSt.
Versandkostenfrei*
Versandfertig in über 4 Wochen
payback
12 °P sammeln
  • Broschiertes Buch

'Na terraza elevada de Amarusio, mentres a luz dos outros mundos empezaba a perder o brillo, captei a vella e a nova Grecia na súa suave translucidez e así se conservan ambas na miña memoria. Decateime nese instante de que non hai nin vella nin nova, só Grecia, un mundo concibido e creado a perpetuidade. O home que falaba deixara de ser de tamaño e proporcións humanas, convertérase nun coloso cuxa silueta se esfumaba para diante e para atrás co roncar grave e rítmico das súas oracións narcóticas.' En xullo de 1939, tras vivir nove anos en París e ante a ameaza da inminente invasión de Francia…mehr

Produktbeschreibung
'Na terraza elevada de Amarusio, mentres a luz dos outros mundos empezaba a perder o brillo, captei a vella e a nova Grecia na súa suave translucidez e así se conservan ambas na miña memoria. Decateime nese instante de que non hai nin vella nin nova, só Grecia, un mundo concibido e creado a perpetuidade. O home que falaba deixara de ser de tamaño e proporcións humanas, convertérase nun coloso cuxa silueta se esfumaba para diante e para atrás co roncar grave e rítmico das súas oracións narcóticas.' En xullo de 1939, tras vivir nove anos en París e ante a ameaza da inminente invasión de Francia pola Alemaña nazi, Henry Miller acepta o convite do seu amigo Lawrence Durrell e, tras unha breve excursión pola Dordoña, parte para Corfu, Grecia, onde este reside. Ata o 27 de decembro dese mesmo ano, cando regresa aos Estados Unidos por orde das autoridades norteamericanas, percorrerá o país e entrará en contacto coas súas xentes, establecendo lazos duradeiros de amizade entre outros co poeta Geórgios Seferiadis e o espléndido narrador oral George Katsimbalis. O coloso de Marusi, escrito en 1940 en Nova York, é un diario inclasificable desa descuberta de Grecia e dos gregos, unha mestura de reflexións e descricións (de persoas e paisaxes), entre o poético e o prosaico, salpicado, por contraste, de críticas feroces a todo o que o autor detesta do seu país, e que suscitará en quen o lea hoxe fascinación e sen dúbida tamén, nalgunha pasaxe concreta, rexeitamento, pero, sobre todo, é unha lectura que deixa pouso vivo e fermentable.
Autorenporträt
Henry Miller (1891-1980), escritor estadounidense, é coñecido polas súas novelas semi-autobiográficas e controvertidas, nas que mestura realidade e ficción para explorar temas de liberdade persoal e sexual. Tras o éxito de "Trópico de Cancro" e "Trópico de Capricornio", Miller escribiu "O coloso de Marousi" (1941), unha das máis fermosas obras de viaxes e unha oda á vida e cultura gregas, reflexionando sobre a civilización moderna. Baseado na súa viaxe a Grecia en 1939, invitado polo seu amigo o escritor Lawrence Durrell, este libro reflicte a súa fascinación pola filosofía e o espírito heléni