A historia do porquiño que acaba cimentado na beirarrúa dunha gran cidade xorde da imaxinación de Arnold Lobel como outros relatos entrañables, sinxelos e fermosos dos que tamén é autor, como Sopa de rato, Contos de ratiños e Tío Elefante, publicados por KALANDRAKA. A súa obra caracterízase pola busca dos acentos persoais, as emocións básicas e os ambientes cotiás. De aí a concisión do seu estilo literario, a base de palabras esenciais, como a condición humana que intenta plasmar. Unha acción tan inocente e á vez tan contraditoria como a limpeza dun cortello, desencadea unha serie de despropósitos que converten o porquiño no protagonista dunha complexa operación de rescate.
Bitte wählen Sie Ihr Anliegen aus.
Rechnungen
Retourenschein anfordern
Bestellstatus
Storno