Schade – dieser Artikel ist leider ausverkauft. Sobald wir wissen, ob und wann der Artikel wieder verfügbar ist, informieren wir Sie an dieser Stelle.
  • Broschiertes Buch

De milagres fantasiosos Disque Compostela naceu cando Paio, o eremita, foi guiado por unhas luminarias misteriosas ata a tumba do apóstolo Santiago. De aí o nome de Campus Stellae. E tamén disque o rei Afonso II foi o primeiro peregrino da historia. E que comezou así unha afluencia masiva de camiñantes que non cesou ata os nosos días. Unha incrible sucesión de milagres, non é? Pois lamento dicir que todo isto é mentira. Unha lenda, máis nada. Unha fantasía. A Compostela primixenia Nos primeiros tempos, ao redor dun sepulcro sen identificar non había máis nada que un burgo modesto e unha…mehr

Produktbeschreibung
De milagres fantasiosos Disque Compostela naceu cando Paio, o eremita, foi guiado por unhas luminarias misteriosas ata a tumba do apóstolo Santiago. De aí o nome de Campus Stellae. E tamén disque o rei Afonso II foi o primeiro peregrino da historia. E que comezou así unha afluencia masiva de camiñantes que non cesou ata os nosos días. Unha incrible sucesión de milagres, non é? Pois lamento dicir que todo isto é mentira. Unha lenda, máis nada. Unha fantasía. A Compostela primixenia Nos primeiros tempos, ao redor dun sepulcro sen identificar non había máis nada que un burgo modesto e unha pequena igrexa. O propio Vaticano desmentiu que esa puidese ser a tumba de Iacobus, e mesmo algún bispo chegou a ser excomungado por defender esa tese. Un milagre tanxible É no ano 1068 cando nace Diego. El fixo de Compostela un arcebispado, e creou a catedral máis fastosa do mundo. El coroou reis e entronizou papas, ordenou escribir os códices máis marabillosos e puxo a insignificante Compostela á altura de Roma e de Xerusalén. El creou o Camiño de Santiago, e en base a el forxou Europa. Esta é a súa historia, e é real. Isto é o que el construíu no século do milagre. Ata agora coñecías a lenda. Agora has descubrir a verdade.
Autorenporträt
Son Rodrigo. Medrei á beira do Camiño de Santiago cando apenas había peregrinos. Pasei tardes con camiñantes estranxeiros que acampaban na horta da miña avoa, e vin en primeira persoa como voltaban as multitudes a Compostela. Percorrín o Camiño máis de trinta veces, e paso cada día polo Obradoiro para ir dar clases ao instituto Rosalía de Castro, no corazón da cidade. Vivo a uns pasos da catedral. Esta é a miña quinta novela, tras El custodio de los libros (2020) (Misarela, en galego), Portosanto (2021), Hijos de Gael (2022) e La última reliquia (2024). En O século do milagre quixen contar a auténtica historia da miña cidade e desta ruta milenaria chamada Camiño de Santiago. Supoño que coñeces a lenda, coma case todo o mundo. A través destas páxinas has coñecer a verdade.