Os tímpanos de Compostela é unha recompilación destas obras escultóricas, de grande interese ?e a partir das que xurdiron novos modelos iconográficos que tiveron destacada difusión ao longo dos tempos?, que se atopan na catedral compostelá e noutros lugares da cidade, e que adoitan pasar inadvertidas para a maior parte de composteláns e visitantes, e que configuran un percorrido distinto para coñecer a cidade.Este traballo únese ao labor de recuperación do noso patrimonio cultural, en coedición co Consorcio de Santiago, onde o texto de Ramón Yzquierdo Peiró, doutor en Arte e director técnico-conservador do museo da catedral de Santiago, se acompañan de magníficas ilustracións que completan a explicación.
Bitte wählen Sie Ihr Anliegen aus.
Rechnungen
Retourenschein anfordern
Bestellstatus
Storno







