Parece unha formiga, pero é unha mancha,é unha mancha, pero parecen pegadas,parecen pegadas, pero son restos dunha festa,son restos dunha festa, pero parecen os meus lunares,parecen os meus lunares, pero é un 8 esmagado?Poético, enigmático, reflexivo, ás veces transcendental??Parece unha formiga? é un conxunto de textos ilustrados,ou de ilustracións que deviron en ideas, palabras, frases encadeadas que medran en intensidade e riqueza a cada páxina. Nesta nova obra como escritor e artista, Pablo Otero recréaseen verbalizar pensamentos, airear os recunchos esquecidosdo subconsciente, sen reparo -dende a liberdade e o desafío-a chamar cousas ás cousas. O autor e ti na confianza dunha mesa compartida nun café ou na cercanía dun paseo a carón do río,que é tanto como dicir na intimidade do papel. Porque este libro quere ir contigo, na túa carteira ou no teu peto, respirar o aireque respiras, ir ao ritmo dos teus pasos, mimetizarse coa túa pel.
Bitte wählen Sie Ihr Anliegen aus.
Rechnungen
Retourenschein anfordern
Bestellstatus
Storno