30,99 €
inkl. MwSt.
Versandkostenfrei*
Versandfertig in über 4 Wochen
payback
15 °P sammeln
  • Broschiertes Buch

A figura e mais a obra de X. L. Méndez Ferrín son determinantes na historia da Galicia contemporánea. No caso da súa poesía achamos un río de longa e ás veces accidentada singradura, especialmente por causas políticas durante o período franquista, que aquí se detallan. Comeza con 'Voce na néboa' (1957), que nos descobre de xeito embrionario os principais camiños do poeta, e prosegue con 'Antoloxía popular' (1972), poesía cívica asinada por Heriberto Bens, poeta heterónimo do noso autor desde 'Poesía enteira de Heriberto Bens' (1980). A publicación en 1976 de 'Con pólvora e magnolias' é un…mehr

Produktbeschreibung
A figura e mais a obra de X. L. Méndez Ferrín son determinantes na historia da Galicia contemporánea. No caso da súa poesía achamos un río de longa e ás veces accidentada singradura, especialmente por causas políticas durante o período franquista, que aquí se detallan. Comeza con 'Voce na néboa' (1957), que nos descobre de xeito embrionario os principais camiños do poeta, e prosegue con 'Antoloxía popular' (1972), poesía cívica asinada por Heriberto Bens, poeta heterónimo do noso autor desde 'Poesía enteira de Heriberto Bens' (1980). A publicación en 1976 de 'Con pólvora e magnolias' é un antes e un despois na historia da literatura galega contemporánea pola apertura de horizontes que incorpora e ao seu ciclo poético cómpre engadir en 'O fin dun canto' (1982). En 1994 'Estirpe' suporá un importante xiro estilístico e temático, mentres que 'Contra Maquieiro' (2005) será un máis alá que pecha o conxunto. Polo medio aínda outras obras moi relacionadas coa expresión plástica 'Homes e illas' (1986), 'Morte de Amadís' (1989), 'Erótica' (1991), 'O outro' (2002) e 'Albh' (2007). Neste volume inclúese tamén a súa poesía dispersa, que en parte fora xuntada polo autor en 'Era na selva de Esm' (2004). Anxo Angueira, profesor da Universidade de Vigo, escritor e ensaísta, fixo a súa tese sobre 'Bretaña, Esmeraldina' de Méndez Ferrín e a edición crítica da poesía de Rosalía de Castro. Esta edición da poesía do autor ourensán ofrece un longo estudo introdutorio, así como un detallado repertorio de notas de cada poema.