Nun mundo onde a 'Cobiza' deu paso á destrución, no momento en que as 'Multitudes' se atopan na encrucillada, 'Retorno' desentraña as capas que compoñen a cerna desta 'Triloxía dos seres completos'. Nesta nova e última novela conflúen todas as voces, os tempos e as historias dos libros precedentes para enfrontarse a unha pregunta vital: en mans de quen deben estar as decisións que determinan a supervivencia do planeta? Unha vez máis, Reimóndez tira da filosofía, da ciencia, da aventura e dunha escrita complexa e profunda para, dende voces que superan o humano, dar unha resposta innovadora e emocionante ás preguntas do presente a través dunha potente historia de ficción.
Bitte wählen Sie Ihr Anliegen aus.
Rechnungen
Retourenschein anfordern
Bestellstatus
Storno







