O pequeno elefante pasa un tempo co seu tío. A tristura pola ausencia dos seus pais vaise mitigando con historias fantásticas, cancións divertidas e novas experiencias. Un clásico valioso e entrañable con relatos para todos e para sempre. Tenrura e sensibilidade son algunhas das emocións que desprende este relato entrañable, un clásico imprescindible da Literatura Infantil de todos os tempos. O pequeno elefante pasa un tempo co seu tío, que mitiga a base de contos reparadores, cancións divertidas e xogos de palabras a tristura que provoca no seu sobriño a desaparición dos seus pais. Esta doce historia, de final feliz, está estruturada en nove capítulos que seguen unha fórmula circular, e complétase coas ilustracións do propio Arnold Lobel: realistas, sinxelas, de cores suaves e claroscuros para acentuar as formas robustas dos protagonistas. Destaca a habilidade literaria do autor para envolver o texto de elegancia e estilo: ?Teño máis engurras que follas ten unha árbore. Teño máis engurras que area unha praia. Teño máis engurras que estrelas hai no ceo...?.
Bitte wählen Sie Ihr Anliegen aus.
Rechnungen
Retourenschein anfordern
Bestellstatus
Storno







