O simbolismo das figuras, o tráxico contexto histórico do lenzo, o perfil multidisciplinar do artista. Unha coidada edición cun cartel despregable para adentrarse nunha das obras mestras do século XX. Deseño de Loïc Le Gall Tras o bombardeo de Guernica por avións alemáns en abril de 1937, o artista Pablo Picasso converte o lenzo e os pinceis no seu medio de expresión contra a guerra, pintando de negro, gris e branco os seus efectos devastadores e os símbolos dun futuro esperanzador: a nai co seu fillo morto e o soldado xacente, o cabalo e o touro, a pomba e a flor que nace da espada rota, as figuras contraídas e as formas xeométricas... Entrar nun cadro, viaxar por ese novo universo, explorar cada curruncho, cada recanto... Ao fío das páxinas deste libro percorremos un lenzo tráxico e inmenso: GUERNICA, e descubrimos esta obra mestra da historia da Arte do século XX. Este óleo sobre tea, atópase no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, en Madrid.
Bitte wählen Sie Ihr Anliegen aus.
Rechnungen
Retourenschein anfordern
Bestellstatus
Storno