«A guerra era contra nós» é unha visión metafórica, poética e mítica da humanidade que se constrúe como un compendio de premonicións, relatos e lendas que explique o porqué, o como, o para que do pasado, presente e futuro da nosa condición humana. Por que a humanidade aínda non vive libre e feliz despois de milenios de historia? Que acontecería se a única linguaxe posible fose a poesía e a única ferramenta válida para narrar a metáfora? Os poemas de Carlos Da Aira falan de nós, da colectividade, da humanidade, convertendo a palabra nunha arma de conciencia, fuxindo do eu, do egocentrismo, e apostando polo amor como forma primeira de loita, rebeldía e violencia.
Dieser Download kann aus rechtlichen Gründen nur mit Rechnungsadresse in A, B, BG, CY, CZ, D, DK, EW, E, FIN, F, GR, H, IRL, I, LT, L, M, NL, PL, P, R, S, SLO, SK ausgeliefert werden.