Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987) destacou como poeta, e segue a ser o autor máis representativo da súa Valdeorras natal. Pero foi tamén articulista, crítico literario, coordinador editorial, lexicógrafo, tradutor, corrector... E como moitos outros intelectuais galeguistas, tras o golpe de estado de 1936 tivo que tomar o camiño do exilio. No seu caso o lugar escollido foi México, onde levou a cabo un intenso labor cultural. Algúns dos proxectos que encabezou tomaron forma de publicación periódica, como as revistas «Saudade» e «Vieiros». Nunha época en que a cultura galega se desenvolveu con máis vigor fóra ca dentro das súas fronteiras naturais, persoeiros como Delgado Gurriarán desempeñaron un papel fundamental para a súa supervivencia.
Dieser Download kann aus rechtlichen Gründen nur mit Rechnungsadresse in A, B, BG, CY, CZ, D, DK, EW, E, FIN, F, GR, H, IRL, I, LT, L, M, NL, PL, P, R, S, SLO, SK ausgeliefert werden.