É o tempo da posguerra, tempo de miseria, tempo de desacougo. Os rapaces rabuñaban no lixo das casas ricas para apañar as mondas das patacas, que logo fervían e comían con ansia. Agora, nin iso, xa non hai mondas porque os ricos nos as tiran, gárdanas para cear cun chisco de aceite. Non é así en Vilaveiga -unha aldea morriñenta de montaña-, onde teñen mazás a rego cheo para dar alivio a bandullos de xente e animais: reinetas, mazás de sidra, riscadas, con becho, sen becho, amarelas, verdes e ata golden, que non son autóctonas, pero Andrés "o Parviño" rilla nelas con pracer. Chegado un momento, na aldea comezan a suceder unha serie de acontecementos que fan espernexar até a mesma terra: Henrique "o do estraperlo" trae consigo unha escolma de libros, unha familia de herexes protestantes alugan a casa grande, e Adelaida, unha neniña con anemia, aprende a ler...
Dieser Download kann aus rechtlichen Gründen nur mit Rechnungsadresse in A, B, BG, CY, CZ, D, DK, EW, E, FIN, F, GR, H, IRL, I, LT, L, M, NL, PL, P, R, S, SLO, SK ausgeliefert werden.