Unha parella que se perde no medio da fraga e se reencontra, un eterno retorno entre a paixón erótica e o abismo, a vida que constrúe o desexo ou o desexo que organiza a vida, o azar e a súa tráxica e caprichosa vontade, as lóxicas do dominio e o control, da rebelión e a sabotaxe, o desafío material da realidade e as opresións do traballo, as normas do éxito e do fracaso, a loucura irrefreable do poder coas súas dinámicas absurdas e inaccesibles, e a ousadía de concibir a posibilidade de desconectalo... Estes contos narrados desde o interior da boca do lagarto, o mesmo lugar en que o tigre amosa os dentes afiados coma navallas, observan a realidade desde diferentes perspectivas, desde dentro e desde fóra, desde as teas da aparencia e desde o núcleo descarnado da rede que nos conecta e nos vixía asemade. Entre a complexidade do material e a simpleza dos signos dun código binario. Os personaxes son carne e alento e ao mesmo tempo impulsos electromagnéticos nun metaverso caprichoso e sen regras fixas. Talvez iso somos os humanos. «O tigre na boca do lagarto» é un conxunto de historias sobre os seres humanos e os seus xogos, paixóns, impulsos e traxedias, opresións e desexos incontibles de liberación. Sobre os seus fracasos, as súas derrotas e as vitorias da existencia.
Dieser Download kann aus rechtlichen Gründen nur mit Rechnungsadresse in A, B, BG, CY, CZ, D, DK, EW, E, FIN, F, GR, H, IRL, I, LT, L, M, NL, PL, P, R, S, SLO, SK ausgeliefert werden.