Este libro desenvolve un amplo abano de contidos matemáticos seleccionados a partir daqueles que conforman os currículos do bacharelato, intentando poñer de manifesto cales son os seus fundamentos, o porqué da súa pertinencia, que rol desempeñan na ciencia e na cultura, que procesos conduciron á súa creación e como evolucionaron. Adóptase unha perspectiva construtiva e contextualizada, cun teor narrativo: a carreira de Aquiles e a tartaruga, o voo de Ícaro, o enigmático número pi, un enredo na compra de entradas, apostas nunha lancha de Marín, á procura dos átomos, anelando paxaros, as ondas sonoras, paseando por Monforte, chegarmos á simplicidade a través da complexidade, doazón de órganos, no niño do paxaro carboeiro, matriculando coches...
Dieser Download kann aus rechtlichen Gründen nur mit Rechnungsadresse in A, B, BG, CY, CZ, D, DK, EW, E, FIN, F, GR, H, IRL, I, LT, L, M, NL, PL, P, R, S, SLO, SK ausgeliefert werden.