O xardín das pedras flotantes, a obra de Manuel Lourenzo González, gañadora do XXV Premio Xerais de Novela, é o relato dun amor extraordinario de dous adolescentes, Simón e Anabel, marcado por unha historia xenealóxica, que arrinca desde a Idade Media e nos conduce até a actualidade. Unha historia fermosa gobernada por unha gran imaxinación e ateigada de riquísimas crónicas que acaban encaixando na engranaxe da novela coa precisión da maquinaria dun reloxo. Botando man de elementos da literatura fantástica ou da traxedia e sen esquecer nunca un sutil e estimulante sentido do humor, esta novela podente homenaxea esa literatura que viaxa de Lovecraft a Poe, e adobíase, desde as roupas da contemporaneidade, cos intensos sentimentos humanos que o amor provoca nos comportamentos dos personaxes. Desde o discurso memorialístico inicial, que o personaxe realiza e que preside toda a narración -orixinándose moito antes da súa propia infancia- até o desenlace final, o lector non perde de vista en ningún momento que a historia de Simón e Anabel é o auténtico motor que tece o entramado singular desta novela entretida, viva, vizosa e sedutora.
Dieser Download kann aus rechtlichen Gründen nur mit Rechnungsadresse in A, B, BG, CY, CZ, D, DK, EW, E, FIN, F, GR, H, IRL, I, LT, L, M, NL, PL, P, R, S, SLO, SK ausgeliefert werden.