Helena ten 19 anos e hai un sufriu un terrible accidente de avión. Só ela sobreviviu. A partir dese tráxico suceso, a súa vida cambiou por completo. Ela, unha persoa alegre, empezou a amosar bruscos cambios de humor. O seu presente é de cor negra: case sempre está abatida, irascible ou triste. E, a miúdo, séntese vapor: coma se transitase entre a realidade e a irrealidade. Desde o accidente, a súa existencia está estreitamente vinculada a un segredo. Ela e o seu segredo son inseparables. Algo inconfesable ocorreu naquel avión sinistrado. ¿Que foi o que pasou? ¿Por que só se salvou Helena? ¿Cal é o seu segredo? Vapor comeza no momento en que Helena decide coller folgos e confesarlle todo a Nathan, o seu mozo. Pero non recibe a resposta agardada: sae correndo e déixaa plantada. Ela derrúbase e séntese, máis ca nunca, vapor. Está farta. Por moito que o intenta, non consegue encontrar nin unha pequena luz que a guíe entre as tebras que tinguen a súa vida. Unha vida que Helena desexaría pintar de verde, a cor da esperanza.
Dieser Download kann aus rechtlichen Gründen nur mit Rechnungsadresse in A, B, BG, CY, CZ, D, DK, EW, E, FIN, F, GR, H, IRL, I, LT, L, M, NL, PL, P, R, S, SLO, SK ausgeliefert werden.