Por que se buscaron a literatura galega e a música tras o golpe de Estado de 1936? Como naceu a música infantil galega? Onde se sitúan as orixes do pop galego? Por que a finais dos 70 o folk foi recoñecido como música celta? Que papel xogaron as orquestras que tocan no campo da festa? Como é a literatura galega musicada? Como se conformaron na Galiza o rock, o punk, o bravú ou o heavy metal de base literaria? Que pegada deixou a canción protesta e social na música galega e nos seus textos? Que papel xogou a censura na divulgación musical e poética? Cal será a influencia do canon literario na hora da escolla dos textos que se musican e viceversa? Que supuxo para a música e a poesía galegas a eclosión do pop e a popularización do disco vinilado cara a finais dos anos 50? Que papel terá a creación musical na divulgación da literatura galega? A rigorosa e interesantísma investigación realizada por Alberto Pombo para «Verso e acorde» dá resposta a estas interrogantes e deita moita luz sobre as relacións entre a lite-ratura e a música galegas.
Dieser Download kann aus rechtlichen Gründen nur mit Rechnungsadresse in A, B, BG, CY, CZ, D, DK, EW, E, FIN, F, GR, H, IRL, I, LT, L, M, NL, PL, P, R, S, SLO, SK ausgeliefert werden.